Proxectos estratéxicos de RRHH
Un proceso integral para optimizar a xestión do talento, reducir a rotación e estabilizar os equipos.
Como funciona
Auditoría interna e análise dos problemas reais da túa organización, cunha visión realista desde a perspectiva das persoas empregadas. A partir de aí, deseñamos e implementamos estratexias centradas na retención do talento e no benestar organizativo.
- 1.
Análise de roles e organigrama
Revisamos funcións e responsabilidades e, se cómpre, redefinimos o organigrama axustándoo ás necesidades actuais da empresa.
- 2.
Avaliacións de desempeño
A nivel individual e xerárquico, xunto coa creación dunha política salarial xusta e transparente.
- 3.
Medición da motivación
Medimos o nivel de motivación do equipo e desenvolvemos estratexias personalizadas para mellorar o compromiso e o benestar.
- 4.
Comunicación interna e absentismo
Melloramos a comunicación interna, fomentamos a autoxestión e traballamos a resolución do absentismo laboral.
Outros servizos
Tes unha posición aberta?
Cóntanos o perfil que buscas e chamámoste para falalo.